mércores, 7 de xuño de 2017

Diccionario visual



Dentro do proxecto migrANDO que estamos levando a cabo co CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal, os máis pequenos do cole, fixeron un diccionario visual para que o alumnado de Vigo poida coñecer un pouco máis onde vivimos.

Esperamos que vos guste tanto coma a nós...



martes, 6 de xuño de 2017

Telexornal



O alumnado de 3ºA de primaria gravou outro telexornal para contarnos as novas que acontecen na zona. 
Abraiados quedamos co que pasou na biblioteca!
Vaia susto... :-p

 

Obra de teatro



O alumnado de 4º da ESO fixo unha fermosa interpretación do conto "The Three Little Pigs" na Biblioteca, dirixida a 1º e 2º de educación primaria.

Encantounos!!!



luns, 29 de maio de 2017

Cartas recibidas!



O alumnado de 2º de primaria xa recibiu as cartas dos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal (Vigo). Cada carta estaba asignada a outro/a alumno/a do Rosal con foto incluida.

       

O alumnado xa se coñecía polo vídeo de presentación que fixeron e xa se comunicaran a través dunha carta dirixida a toda a clase. 

Que farán ahora?




domingo, 28 de maio de 2017

Libros do Mundo



O Equipo de Biblioteca, dentro do proxecto migrANDO, fixo unha exposición de Libros do Mundo onde pódese ver máis de 80 linguas diferentes.

Cada lingua, cada cultura, cada país é diferente pero TODOS deberíamos ter as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos...

SOMOS O MUNDO
SOMOS OS NENOS
SOMOS O FUTURO
LOITEMOS...
XUNTOS!!!


venres, 26 de maio de 2017

Obradoiro de Manga



Hoxe tocou profundizar no debuxo de rostros. Paso a paso, as nosas Axudantes foron ensinando aos participantes as súas habilidades artísticas.

Abraiados estamos co resultado...


xoves, 25 de maio de 2017

Obradoiro de Cubos de Rubik



Os nosos Axudantes decidiron ampliar este obradoiro un día máis á semana xa que hai moita demanda. Polo tanto estarán na biblioteca todos os martes e xoves.