venres, 16 de marzo de 2018

A biblioteca, taller de debuxo

Ganas eran as que tiñan os nosos usuarios de coñcer á autora das ilustracións que durante toda a semana levan expostas en distintos espazos do centro.
Esta mañá, recibimos a visita da fenesa Mariña Gándara. Unha xove e gran ilustradora do estilo manga. Durante toda a xornada realizou co noso alumnado, de ambas etapas, distintos obradoiros de debuxo.




Non podía faltar Celia, de Secundaria, no taller que Mariña realizou na biblioteca. Xuntas conseguiron levar á burbulla da creación aos seguidores deste xénero.


E preto de aquí, no CRA María Zambrano, alumnos e alumnas de 3º de Primaria contaron un conto aos compis das escolas de Couso e Pías.


"Todos podemos aprender a debuxar. O primeiro paso radica en estar plenamente convencido diso"
Sarah Simblet

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.