luns, 21 de maio de 2018

Amigo invisible

Alumnos e alumnas de 4º de ESO xunto con profesores/as de Secundaria participaron no sorteo do amigo invisible para coñecer a persoa á que ten que agasallar cada un. Agora quédalles buscar ese libro que se axuste aos gustos literarios do seu receptor.

Por outra banda, na última sesión do obradoiro de sexualidade co alumnado de 2º de ESO, a educadora familiar do Concello de O Rosal falou das zonas eróxenas, das relacións interpersoais e mais da primeira relación sexual. 

Mentres que o alumnado de 3º fixo a práctica de como usar un preservativo e, a través dun xogo, aprenderon como se poden prever as enfermidades de transmisión sexual.

Rematados xa todos os obradoiros, na vindeira sesión de titoría, cada curso fará unha avaliación destas xornadas.

"É importante recordar que todos e todas temos maxia dentro de nós".
J.K. Rowling

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.