mércores, 23 de maio de 2018

Unha mañá na Voz da Mata

Hoxe tivemos na radio a Sandra, a Educadora Familiar do Concello de O Rosal, para falarnos do seu traballo e dos obradoiros e actividades que realiza no noso centro. 
A entrevista estivo a cargo do alumnado de Lingua Castelá de Agrupamento, de 1º da ESO.
Pasamos un bo rato e deunos moita información importante para a mocidade.
Ademais, o alumnado de 5º e 6º de Primaria gravaron esta mañá o audio para un vídeo que están facendo na materia de Inglés sobre Lady Di. 
Fixeron a actividade en catro quendas de oito alumnos.
Son uns grandes profesionais!

"A radio é o medio máis democrático de comunicación."
Martina Castro

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.